top of page
Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai)
O esgonzo ibérico é un réptil escaso en Galicia. Para vivir precisa de clima mediterráneo e terreo bastante areoso, fácil de furar. Non soe superar os 9 cm de talle. As femias soen ser maiores cós machos e algunhas teñen os membros posteriores máis longos, así como unha maior lonxitude troncal. A reprodución é ovovivípara: os ovos eclosionan no ventre da nai. Unha das súas características é a presenza de 5 dedos nas extremidades. Os ollos non teñen pálpebras móbiles, senón que están cubertos por unha escama transparente.


1/1
A primeira observación en Ridimoas foi o día 4 de xuño de 1992 e dende esa data témolo visto en distintas paraxes no noso bosque.
Fotos: Moncho Fotógrafo.
bottom of page