top of page
Érbedo (Arbutus unedo)
Sen lugar a dúbidas o érbedo é o arbusto máis vistoso do outono en Ridimoas. É abundante e ben repartido en todo o ecosistema cunha notable vitalidade reproductora e asombrosa facilidade para retoñar, despois de talas e incendios, que asegura a longo prazo o aporte de bagas globosas de cor laranxa moi apetecidas por mamíferos e aves como o pisco real (Pyrrula pyrrula) que individualmente ou en grupos disfruta comendo morodos, redeado das características flores de cor amarela Nápoles, pois o érbedo tamén florea no outono.




1/5
Das follas persistente: de limbo lanceonado e bordos serróns de cor verde lustrosa, aliméntase a eiruga da bolboreta de catro rabos (Charaxes jasius) que, en Ridimoas é unha das bolboretas diurnas máis fermosa de cantas poidamos ver. O érbedo, pola súa abundancia no Ribeiro de Avia, chegou a dar nome a paraxes coma a de Erbedeiros ó sur de Ridimoas.
Fotos: Valeiras, Oitabén, Cervinho e Poldras.
bottom of page