Corzo (Capreolus capreolus canus)
A primeira observación deste pequeno cérvido en Ridimoas, xa fora realizada por Vicente Melero, no mediodÃa do 15 de xuño de 2001; e non serÃa ata as dez horas do 28 de maio de 2005, cando terÃa lugar a segunda observación na cabeceira de Ridimoas, cando o sol daba coma un foco no medio dunha parcela da que se eliminaran as mimosas. Alà estaba un pequeno macho de capa gris observándonos inmóbil mentres camiñábamos cara ó uzal. Cando regresamos xa non estaba.



Non tivemos noticias súas ata 21 dÃas despois, cando empezaron a aparecer descortizadas árbores pequenas, principalmente bidueiros que delataban o asentamento do corzo no noso bosque.
O corzo é un pequeno cérvido duns 20 quilos de peso que normalmente vive dez anos, residindo en xeral, nun territotio dun quilómetro cadrado de superficie. Na ctualidade, sen chegar a ser abundante, o corzo é relativamente frecuente e témolo observado na totalidade dos hábitas do ecosistema.
Fotos: Concepción DomÃnguez e Alfredo Rúa.