top of page
Leirón Careto (Eliomys quercinus)
Este simpático roedor nocturno está presente en todo o bosque Ridimoas, aínda que temos a impresión de que nos últimos anos o número de individuos está en regresión.


1/1
O leirón é famoso por durmir moito. A súa actividade diminúe a finais do verán, entrando en hibernación de outubro a marzo. Témolo atopado durmido no interior da nosa caseta do muíño, dentro dun pote de cociña cheo de musgo e liques. Tamén o atopamos, noutra ocasinón, durmindo dentro dun niño de carrizos (Troglodytes troglodytes), protexido por un terraplén.
Os leiróns viven unha media de 3 anos, podendo chegar ata os 7 anos de vida.
Foto: Javier estévez Cortizo
bottom of page