top of page
Cobra de escada (Elaphe scalaris)
Ofidio diúrno e musculoso que pode superar o metro e medio de longo, aínda que en Ridimoas o exemplar máis grande foi observado na paraxe do Poenxo, o día 3 de xullo de 2004 e semellaba non superar o metro. Ten carácter valente e deféndese lanzando a boca cando alguén trata de capturala. As femias son máis grandes e robustas cós machos, con cola proporcionalmente máis curta.



1/2
Aliméntase de réptiles menores ca ela, micromamíferos e paxaros. Normalmente é de cor castaña ou ocre coa parte ventral amarela esbrancuxada. Unha das fotos (na que aparece en primero plano) corresponde a un xuvenil, pois aínda presenta un debuxo dorsal semellante a unha escada; pero a partir dos catro anos de idade, xa adulta, non se lle aprecian os chanzos transversais, mantendo só as lonxitudinais; de aí o sinónimo: serpe riscada.
A cobra de escada non é velenosa e está protexida pola lei ó ser catalogada de interese especial.
Fotos: Oitabén e Xusto Veloso.
bottom of page