top of page

Cerquiño (Quercus pyrenaica) 

Os cerquiños adultos son árbores caducifolias de aspecto recio. Vexetan en solainas da parte alta das valadeiras, sen chegaren a formar touzas, aparecendo mesturados con outras árbores. En Ridimoas os cerquiños son bastante novos, debido a talas continuadas, anteriores á nosa asociación. Na actualidade, no bosque só existe un cerquiño centenario (posiblemente a árbore de máis idade do ecosistema.

Nunha das imaxes aprézase o pequeno rabo das landras, cáse que sentadas, así como a profundidade dos lobulos foliares. As follas, verde claras pola faz e verde abrancazadas polo revés, xorden a primeiros de abril, acadando o desenrolo total a finais do mesmo mes e son de textura áspera debido ós peliños que as recobren. No inverno, as follas secas permanecen moito tempo na árbore sen desprenderse.

 

 

Fotos: Oitabén

 

 

bottom of page