top of page

Carqueixa (Pterospartum tridentatum)

Esta planta leguimonsa de textura áspera e leñosa, de ata un metro de altura, está presente no noso bosque en tres paraxes catastrais: Ridimoas, Sanchegadas e Valdasmo, correspondentes ós polígonos 5 e 12, nun total de sete parcelas. O Padre Sarmiento, da orde de San Bieito (1695-1772) escribiu unha disertación sobre as virtudes medicinais da carqueixa como depurativa do sangue e curativa da tose, artrite, golpes, mal da gota, mal da orina e outros males. 

Para preparala, por cocción simple, debe picarse en cachiños e ferver durante media hora, uns 100 gramos de carqueixa picada en 2 litros de auga, deixándoa repousar outra media hora antes de tomala. O cheiro e o sabor son parecidos ó té e pode tomarse con azucre ou con mel aínda que non é necesario por ser moi suave.

 

 

Foto: Xusto Veloso.

 

 

bottom of page