top of page
Carballo (Quercus robur)
Árbore abundante en Ridimoas onde vexeta, preferentemente, tanto na rega central orientada ó norte como nas terrazas fluviais da zona da barbaña onde pode desenvolver o seu potente sistema radical en terras que ata hai poucos anos aínda eran viñas en producción; polo tanto, os carballos de Ridimoas son, en xeral, bastante novos e poucos acadan o século de idade.

Quercus robur



Quercus robur
1/3
No verán a densa follaxe dos carballos, de textura plastificada, acada unha intensa cor verde esmeralda. O seu froito, as landras, caracterízanse por ter pedúnculo longo. No outono a abundancia de landras producidas son o principal sustento de moitos animais, principalmente do porco bravo. No interior dalgúns troncos vive a eiruga da vacaloura (Lucanus cervus).
Fotos: Cervinho
bottom of page