top of page
Cabraloura (Oryctes nasicornis)
Este espléndido coleóptero que mide de 30 a 40 mm, pasou de ser abundante, no concello de Beade, a ser raro. Como, a parte do serrÃn e troncos de carballos, as larvas tamén se desenvolven no esterco, pensamos que o descenso da súa poboación débese ó cambio de abonado nas viñas e hortas: abandono do esterco orixinado, nas cortes, por vacas e porcos a favor doutros productos alternativos; o que hai que sumar o emprego masivo de herbicidas e pesticidas. Con todo, desde mediados de maio ata agosto, aÃnda é posible observar e escoitar o son caracterÃstico do seu voo nocturno.


1/1
O macho diferénciase da femia polo corno. As larvas: brancas, robustas e voraces, tardan varios anos en transformarse en insecto adulto.
Foto: Xusto Veloso.
bottom of page