top of page

Abruñeiro (Prunus spinosa) 

Arbusto que, en Ridimoas, vexeta principalmente na zona do Valdasmo, onde forma unha importante sede á beira do camiño das Regadas; aínda que tamén aparece no fondo da rega central aproveitando os claros dispoñibles. Nas pólas normais aparécenlle gromos de creza limitada, en forma da punzóns resistentes nos que pode haber xemas ou folliñas.

O noso abruñedo forma unha barreira defensiva de fermoso aspecto, desde primeiros de marzo, cando empeza a floración formada por infinidade de flores pequenas con cinco pétalos cada unha. Estas aparecen antes cás follas e atraen moitísimos insectos. Os abruños son drupas dun centímetro de diámetro maior e cor anil cerosa que se escurece cando son manipulados. En Beade chámanlle murgos.

 

 

Fotos: Paula R. Domínguez.

 

 

bottom of page