top of page
Abesouro negro (Xylocopa violacea)
Himenóptero solitario de case 3 cm de longo. Os machos diferéncianse das femias por ter nas antenas dous segmentos alaranxados e 7 aneis abdominais; mentres que as femias, só teñen 6 aneis. En Ridimoas este abesouro é frecuente na primavera e verán. Témolo visto recolectar néctar nas flores dos murgueiros, chuchameles, silveiras, borraxóns e madreselvas.



1/2
As actividades reproductivas deste elegante insecto están unidas á madeira morta dos carballos, sobreiras, salgueiros, canas do paÃs, etc. onde a femia labra galerÃas compartimentadas, poñendo un ovo en cada celda. Normalmente, na madeira dura, a femia labra varias galerÃas paralelas duns 20 cm de lonxitude cada unha, divididas en catro compartimentos; pero nas canas só hai unha única galerÃa duns 30 ou 40 cm de lonxitude. Rematada a posta, a femia vixiante permanece na entrada da galerÃa atacando a calqueira intruso que se aproxime demasiado.
Fotos: Pablo Oitabén.
bottom of page