top of page

Coñecida tamén polos nomes de póutega, apóutiga, mel de raposo, maias, tetos e venturiño; as póutigas son plantas silvestres comestibles, pertencentes á familia Rafflesiaceae que, no bosque Ridimoas, viven parasitando a raíz da carpaza de flor amarela (Halimium lasianthun subespecie alyssoides). Por tratarse de planta parásita, a póutiga carece de cor verde presentando un ton amarelo escarlata na parte inferior. O conxunto da planta recorda a unha alcachofa algo máis pequena cá un puño. A parte comestible é unha xelatina cáseque transparente, incolora e de sabor gomoso que se atopa no ovario das flores femininas ou tetos máis gordos dos laterais. Para saborear o contido hai que arrincar os tetos e chupalos como se fosen percebes. Téñense usado para reducir desarreglos das mulleres.

 

Nas últimas décadas as póutigas desapareceron da maioría dos montes do Ribeiro, chegando a ser raras. En Ridimoas sobreviven en dúas parcelas do término do Poenxo. Os incendios forestais, a invasión de mimosas e o abandono do uso tradicional do estrume poden ser a causa da súa regresión; por eso pedimos ós socios/as que se absteñan de recolectalas para frear o seu declive. Como medida correctora propoñémonos mercar dúas parcelas máis no término do Poenxo (linde sur de Ridimoas) que serían sometidas a labores tradicionais para favorecer á especie.

 

 

 

PÓUTIGA (Cytinus hypocistis)

 

Autor: Pablo Oitabén.

Ano: 2003

 

 

 

 

Os socios/as que non coñezan as póutigas e queiran velas ou fotografalas no seu hábitat, poden chamar ó telefono 988480062 ou escribir ó email asociacion@ridimoas.com para concertar visita guiada. Debe ser no mes de maio que é cando mostran a parte aérea. Polo de agora descoñecemos o vector de propagación aínda que as nosas observacións mostran á lagarta do monte (Psammodromus algirus) como posible responsable; aínda que  tamén algún micromamífero podería facer esa función.

 

Boletín 2003 de Ridimoas

Fotos: Pablo Oitabén.

 

bottom of page