top of page

Todo empezou en 1977 cando o actual presidente, Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén), decide impulsar a actividade extraescolar "Aula Verde" da antiga Universidade Laboral de Ourense.

 

Nunha primeira fase logrouse sensibilizar ós alumnos/as na conservación da natureza, especializandose na rehabilitación de fauna silvestre. Para esta actividade mantiñase unha estreita relación coa xefatura provincial do Icona. 

 

O terceiro posto acadado na fase nacional do Premio Holanda premiou o labor conservacionista dos alumnos en favor das aves de presa. A partir daquí a mellora nos hábitas das especies protexidas sería o norte das actuacións, comprendendo que a mellor maneira de aumentar o espacio vital da fauna silvestre era restaurar os montes que desde había anos viñan sufrindo o efecto devastador dos incendios forestais. 

 

En 1988 a "Aula Verde" recibe o premio nacional: Ano Europeo de Medio Ambiente, patrocinado por Plus Ultra. Dito premio dotado con 500.000 pts permitiu fundar a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, coa intención de mercar as terras que conforman o espacio forestal ribeirán de Ridimoas. Dende entón vense comprando, aproximadamente, unha hectárea por ano, controlando un total de cerca de 300 hectáreas acollidas á figura de protección de Refuxio de Fauna. 

 

A labor conservacionista levada a cabo por Ridimoas nos seus anos de existencia foi recoñecida con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde de Galicia e Félix Rodríguez de la Fuente. 

 

Na actualidade somos 1.158 socios/as que pagan unha cota mínima de 20 € ó ano, que os converten en propietarios fiscais das terras adquiridas. 

 

Tipo de Bosque: Bosque de transicción entre a Rexión Floral eurosiberiana e a Rexión Floral mediterránea, con clima oceánico-mediterráneo, en altitudes comprendidas entre os 80 e 300 m.s.n.m.; no concello de Beade, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense (Galicia). 

 

O climax do bosque estaría formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sotobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos, etc; con pés relictos de cerdeira de acios (Prunus padus).

 

"El principio nunca fue la punta nítida y precisa de una línea, el principio es un proceso lentísimo, demorado, que exige tiempo y paciencia, que tantea el camino como un ciego hasta percibir en que dirección se quiere ir"

 

José Saramago, La Caverna

 

 

 

bottom of page