O bosque Ridimoas nace como resultado da merca continuada de parcelas privadas dende o ano 1988. Isto conseguese coa cota aportada por máis de 1000 persoas asociadas, grazas aos cales este proxecto é posible.
Ademais de mercar e restaurar estas novas parcelas do bosque, a asociación dedica gran esforzo en educar e sensibilizar na importancia dos bosques para as futuras xeracións.