top of page

Un dos días máis tristes do bosque...

Hoxe, segundo domingo de caza, unha vez máis, os cazadores volveron meterse en Ridimoas. Acostumados a que os montes sexan para eles, entraron sen ningún pudor e tirando con tódolos carteis de Refuxio de Fauna que atoparon. Houbo que chamar á garda civil para que marcharan porque o diálogo non vai con eles.



Estes son os restos da masacre: fauna protexida morta (puidemos ver como algúns cazadores se ían contentos coa presa de trofeo), o monte cheo de balas e marcas de vehículos por todo Ridimoas.



Un dos días de caza máis tristes que vivimos aquí. Estaban organizados e sabían ao que viñan. Séntense amparados por unha lei de caza regresiva e que non pasa os máis mínimos filtros de sensibilidade ecolóxica.


Tódolos domingos e xoves ata o 6 de xaneiro, precisamos facer labores de vixilancia contra os furtivos. Necesitamos máis apoio humano para unha vixilancia efectiva, xa que a axuda desde a Xunta non vai vir.

Se queres botarnos unha man algún día, por favor, contáctanos! GRACIÑAS.

bottom of page