top of page

A nosa tenda

Outra maneira de colaborar co bosque! :)​

O recaudado destínase íntegramente á conservación do bosque autóctono de Ridimoas.

Se queres conseguir algún destes produtos escríbenos a asociacion@ridimoas.com

colección tiraliñas

Xa temos dispoñible para a venda os libriños en formato cómic de Ridimoas que conforman a colección Tiraliñas: Viaxe ás Cegoñas, Pepiño o Arrieiro e a guía do Bosque Ridimoas.

En cada un destes libriños obterás información sobre a nosa asociación: a reintrodución das cegoñas en Galicia por Pablo Oitabén; a historia do camiño dos arrieiros que vai dende Ribadavia a Pontevedra e que cruza Ridimoas; e a guía do noso bosque, coas especies florais e de fauna que podes observar se te achegas a facernos unha visita.

O prezo de cada cómic é de 5€ máis gastos de envío.

bottom of page