top of page

Toxo arnal (Ulex europaeus)

Das dúas especies identificadas en Ridimoas, o arnal é o máis bravo e corpulento, podendo observarse en calquera zona do bosque. Trátase dunha leguminosa de sistema radical profundo que, en tempos aínda non moi lonxanos tivo unha enorme importancia na obtención de esterco ó mesturarse na corte co excremento do gando. Tamén as estacas e leña de toxo foron moi aprezadas polos labregos.

Na primavera e  outono, as flores amarelas (chorimas) acadan a máxima floración. Estas flores teñen propiedades antiespasmódicas; as sementes resultan tóxicas.

 

As toxeiras forman refuxios impenetrables onde crían moitos paxaros, insectos, arácnidos e algúns mamíferos.

 

Fotos: Valeiras

 

 

bottom of page