top of page

Xantar e itinerario: Asemblea Ridimoas 2020

O día 29 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral de Ridimoas, que se celebrará ás 12:00h no salón de actos do I.E.S. O Ribeiro. Para coñecer a orde do día e os puntos que se van tratar, consulte: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2020.


Despois da asemblea terá lugar o tradicional xantar coa súa posterior visita ao bosque.


XANTAR


Ás 14 horas xantaremos no restaurante Garden Lodge (antiguo Evencio), situado xusto en frente do IES O Ribeiro. O menú estará composto por:


- Un bo cocido

- Viño do Ribeiro

- Postre

- Café.


O custo é de 15€/persoa. Pregamos ás socias e socios que decidan vir xantar connosco (poden vir acompañadas por amizades e familiares), avisen ata o 25 de marzo, mércores, empregando o noso correo electrónico asociacion@ridimoas.com ou chamando ao teléfono 988 48 00 62. Se alguén quere un menú especial debe chamar ó restaurante directamente: teléfonos 619 64 13 37 e 988 47 71 69. En tódolos casos haberá que indicar que é pola comida de Ridimoas e o número de comensais.


ITINERARIO


Despois do xantar faremos unha andaina dun quilómetro e medio á beira do río Avia, en dirección nordés, ata o hábitat do sapoconcho europeo.


Recomendamos calzado impermeable.





bottom of page