top of page

A floración do abruñeiro

Comeza febreiro e xa se presente a primavera, e de maneira moi evidente no Ribeiro coa chamativa floración das mimosas. Por sorte, en Ridimoas contamos cunha biodiversidade vexetal que sobrevive á praga das acacias, como é o caso do abruñeiro (Prunus spinosa), que tamén abre as súas flores ao sol nuns días nos que superamos os 20° de temperatura.


O abruñeiro ou murgueiro, en Ridimoas forma unha sebe que medra paralela ao camiño que cruza o bosque, en zonas de claros, para evitar a competencia pola luz con outras especies vexetais.

Podes saber máis sobre este arbusto na nosa sección de ecosistema.

bottom of page