top of page

A Colección Tiraliñas xa á venda!

E por fin, tras moito tempo preparándoo, xa temos dispoñible para a venda os libriños en formato cómic de Ridimoas que conforman a colección Tiraliñas!


🔸️Viaxe ás cegoñas. 🔸️Pepiño o Arrieiro. 🔸️Bosque Ridimoas.


En cada un destes libriños obterás información sobre a nosa asociación: a reintrodución das cegoñas en Galicia con Pablo "Oitabén"; a historia do camiño dos arrieiros que vai de Ribadavia a Pontevedra e que cruza Ridimoas; e a guía do noso bosque, coas especies florais e de fauna que podes observar se te achegas a facernos unha visitiña.


O prezo de cada cómic é de 5€ máis gastos de envío. O recadado destínase integramente á conservación do bosque autóctono Ridimoas. Se queres conseguilos contáctanos ao noso correo asociacion@ridimoas.com


bottom of page