top of page

O hábitat da lagarta do monte

Continuamos coa restauración e acondicionamento de muros orientados ao sur. Desta vez, o traballo planificouse para mellorar o hábitat da lagarta do monte (Psammodromus algirus), que atopa refuxio e tranquilidade debaixo das pedras.



A lagarta do monte é o réptil máis abundante en Ridimoas; pode chegar a medir e, mesmo sobrepasar, os 30 cm de longo. A femia, ovípara, fai entre dúas e tres postas anuais, poñendo de 2 a 11 ovos en cada unha. Alíméntase de invertebrados e das súas larvas.



Para máis información sobre a lagarta consulte: Ecosistema de Ridimoas - Largarta do monte

bottom of page