top of page

995 m2 integrados ao bosque

Acabamos de realizar a merca dunha parcela de 995 m2 de superficie, na parte alta do bosque Ridimoas, situada na paraxe do Valdasmo e próxima ao hábitat das píntegas. Sobre o seu solo aséntanse dous grandes penedos graníticos.



Esta parcela estaba integrada entre outras que xa eran propiedade da asociación e, agora, por fin puidemos rematar a súa merca.


bottom of page