top of page

Mellorando o hábitat

Comezou outubro e as temperaturas baixaron. Agora é o momento de mellorar e ampliar hábitats de réptiles. Para elo tamén remodelamos algúns muros de pedra, como o da foto, deixando buratos e pequenas galerías nos que as lagartas, lagartos e cobras poden sentirse a salvo durante o perídodo de letargo.




Os muros orientados ao sur son vitais para os réptiles, pois neles a termorregulación é constante debido a que os raios do sol inciden oblicuamente no verán, evitando un calor excesivo; mentres que no outono, inverno e primavera reciben en perpendicular a radiación solar, creando no muro un ambiente temperado cando chega a época do frío.

bottom of page