top of page

A rula, unha especie vulnerable

Nestes días, de finais de verán, andan as rulas (Streptopelia turtur) almacenando no seu corpo reservas enerxéticas para acometer a viaxe de regreso a África.

Na periferia do bosque Ridimoas, pouxan nos piñeiros e baixan a comer o gran moído que colocamos. Pero moitas destas rulas morrerán no camiño, debido aos disparos dos escopeteiros, pese a que o Comité Científico do Ministerio de Transición Ecolóxica ten catalogada á rula na categoría de especie vulnerable.


Desde aquí sumámonos ás voces que se alzan para que se prohiba a caza destas fermosas pombas migratorias.


bottom of page