top of page

20 anos do castiñeiro Globe

Como pasa o tempo! Hoxe hai 20 anos que plantamos o castiñeiro Globe (Castanea sativa) no bosque Ridimoas, dentro das xornadas medioambientais do Seminario para Coordinadores do I Programa Globe, quedando o sitio de plantación comprendido nas coordenadas 42º, 20', 10" N e 08º, 08', 08" W.


No momento de plantalo, 11 de setembro de 1999, medía 26 centímetros de alto, acadando a finais dese mesmo ano, os 76,5. Despois, circunstancias adversas ralentizaron o seu crecemento: secas prolongadas, rotura tras caerlle un piñeiro durante un temporal e até a invasión da avespiña asiática (Dryocosmus kuriphilus). Pero o castiñeiro Globre non se rinde e segue enraizando á vida, gañándose un espazo no noso bosque.


A nota de prensa publicada no Diario La Región, ao día seguinte, amplía a información daquelas inesquecibles xornadas.


bottom of page