top of page

Rato de campo (Apodemus sylvaticus)

Micromamífero abundante en Ridimoas, ben repartido en tódolos hábitats, sendo observado con maior frecuencia na parte baixa da carballeira central e na paraxe da Barbaña. O peso dunha femia adulta foi de 28 gramos cun longo total de 20 centímetros dos que a metade correspondían ó rabo.

O rato de campo é un múrido simpático de bigotes longos, de cor gris clara pola parte lumbar, dourado polos flancos e esbrancuxado pola parte ventral; cuns ollos grandes de cor negra e orellas amplas de perfil redondeado. Ten patas traseiras facultadas para o salto. A súa importancia ecolóxica é de primeiro grado por ser alimento de tódolos carnívoros do bosque. As femias paren de seis a nove crías en tres ou catro partos anuais, respoñendo así as baixas por predación.

 

Foto: Xusto Veloso.

 

bottom of page