top of page

Raposa (Vulpes vulpes)

Este fermoso cánido salvaxe está ben asentado en Ridimoas, con dúas parellas reproductoras que se reparten a totalidade do biotopo, dende a paraxe da Barbaña ata a paraxe do Valdasmo.

As raposas do Valdasmo son moi tranquilas e poden verse durante unha visita guiada, a calquera hora do día; mentres que as da Barbaña son máis esquivas e só pola noite temos detectado a súa presenza, durante breves instantes.

 

Durante a súa vida a raposa transporta, no aparato dixestivo, sementes que revitalizan o bosque; e tanto é así que moitas cerdeiras, érbedos, estripeiros, etc. do noso bosque, existen grazas á raposa que depositou cos seus excrementos as sementes de tales plantas en hábitas que resultaron propicios

 

Ás raposas o celo acontecelle dende novembro a marzo, e neste período podemos velas e escoitarlle o seu característico ladrar. Despois a femia pare unha media de 5 crías, entre febreiro e maio, que abandonan o territorio cando os proxenitores volven a comezar o ciclo reproductor.

 

DATOS DUN INDIVIDUO (pesado e medido por nós):

Sexo: Macho / Idade: 3 anos / Peso: 6.020 gramos/ Longo total: 105cm / Corpo: 70cm /Rabeira: 35cm/ Altura na cruz: 41cm

Fotos: Moncho Fotógrafo.

 

bottom of page