top of page

Pombo (Columba palumbus)

A presenza do pombo en Ridimoas empezou a ser notoria dende 1990. Con anterioridade a presión cinexética e a degradación do hábitat fixeran que escasease e fose esquivo. Aínda hoxe a poboación sedentaria non é moi alta pero parece estar en aumento criando nas paraxes do Valdasmo, Poenxo, Rega de Ridimoas, Trigueira e Barbaña, chegando, no presente ano a añidar nos plátanos de sombra do entorno da igrexa de Beade.

No inverno o seu número aumenta ó sumar os individuos procedentes do norte. Témoslle visto comer cereixas, landras, uvas, sementes, piños e froito de bagueira. Unha femia atopada morta pesou 300 gramos e mediu 72 centímetros de envergadura.

 

Fotos: Cervinho.

 

bottom of page