top of page

Píntega (Salamandra salamandra gallaica)

Coñecida tamén polos nomes de pezoña, roncha, sacabeira, salamántiga e zaramela; a píntega é un anfibio urodelo bastante común en Ridimoas onde conta cun hábitat, na paraxe do Poenxo, especialmente acondicionado para as súas necesidades vitais.

 

O tamaño das píntegas está comprendido entre os 12 e os 18 cm; polo que resulta o anfibio máis corpulento do bosque. A súa reproducción é ovovivípara e a femia pare as súas crías nas augas puras das pozas e manantiais do bosque.

As larvas, ó nacer xa teñen as catro extremidades ben formadas e provistas de catro dedos nas anteriores e cinco nas posteriores; carecendo de membranas interdixitais. Respiran por branquias plumosas e presentan crista dorsocaudal que comeza cara a metade do corpo.

 

Pese a ser un animal útil para a agricultura, por alimentarse de vermes, insectos, arañas, etc; aínda hoxe hai quen a mata por ignorancia ou superstición, sendo a mellor medida para a súa conservación o feito de non matala e, no posible, manter e mellorarlle o hábitat.

 

A píntega é animal lonxevo, podendo vivir uns 50 anos.

 

Fotos: Cervinho e Valeiras.

bottom of page