top of page

Pereira Brava (Pyrus cordata)

Arbusto da familia Rosaceae, frecuente en Ridimoas, onde vexeta un pouco en tódolos hábitats, pero en especial na paraxe do Valdasmo, Cabreira e Canteira na cota dos 200 metros de altitude, en exposición norte ó longo do camiño das Regadas, onde forma parte da comunidade vexetal da orla do bosque caducifolio. En abril xa están floridas, lucindo flores brancas de cinco pétalos das que nacerán pequenos froitos que irán madurando ate o outono.

En abril de 1992, as pereiras bravas da Cabreira soportaron unha invasión de eirugas de bolboreta (Aporia crataegui) que chegaron a defolialas totalmente; pero despois, ó nacerlle novas follas, as pereiras continuaron medrando sen sufrir danos aparentes.

 

En Beade, a pereira brava recibe o nome de Escalambrón e, noutros tempos, era moi pareciada para enxertar nela púas de pereira cultivada ou de maceira.

 

Fotos: Fernando Bandín.

 

 

bottom of page