top of page

Liscancer (Anguis fragilis) 

Réptil inofensivo común en Ridimoas. Posúe ollos con pálpebras como as lagartixas. Ó collelo resulta agradable ó tacto e nin sequera intenta morder; pese a todo, a ignorancia sumada á aversión ós réptiles, por parte da xente do campo é a causante da morte de moitos deles.

O espécime da foto, resultou ser un macho adulto, duns 4 anos, con ocelos azuis, parte ventral escura con dúas liñas negras ben marcadas; pesou 32 gramos e mediu 28,5 cm, ¡todo un exemplar!. As femias presentan coloración máis ocre e os xuvenís mesmo parecen de cobre, cunha liña dorsal e escura. O liscancer aliméntase de todo tipo de invertebrados que atopa no solo.

 

Fotos: Oitabén

 

 

bottom of page