top of page

Cuco (Cuculus canorus)

Di un refrán galego: "Se o cuco non canta entre marzo e abril, ou o cuco morreu ou o fin vai vir". En Ridimoas, o inconfundible canto de esta ave migratoria de 33 cm de longo é  escoitado ano tras ano, cosntituíndo, a principios da primavera, parte da paisaxe sonora do noso bosque. Os cucos chegan de África tropical occidental, de países como Ghana ou Costa de Marfil e regresan desde xullo e agosto, efectuando a viaxe pola noite. Gustan cantar nuns pousadeiros determinados que usan ano tras ano. En Ridimoas, un dos seus pousadeiros preferidos é a punta dun eucalípto seco na paraxe do Valdasmo á beira do camiñas das Regadas.

Os datos fenolóxicos indícannos que por término medio, o cuco canta cando a temperatura media é de 12ºC, con cúmulos no ceo e precipitación débil. O seu canto anuncia bo tempo para os vindeiros días. Puidemos ver o niñoparasitismo a unha carriza, no muro dunha viña.

 

Fotos: Cervinho.

 

bottom of page