top of page

Leirón Careto (Eliomys quercinus) 

Este simpático roedor nocturno está presente en todo o bosque Ridimoas, aínda que temos a impresión de que nos últimos anos o número de individuos está en regresión.

O leirón é famoso por durmir moito. A súa actividade diminúe a finais do verán, entrando en hibernación de outubro a marzo. Témolo atopado durmido no interior da nosa caseta do muíño, dentro dun pote de cociña cheo de musgo e liques. Tamén o atopamos, noutra ocasinón, durmindo dentro dun niño de carrizos (Troglodytes troglodytes), protexido por un terraplén.

Os leiróns viven unha media de 3 anos, podendo chegar ata os 7 anos de vida.

 

Foto: Javier estévez Cortizo

 

 

bottom of page