top of page

Corvo pequeno (Corvus corone corone) 

No bosque Ridimoas, o corvo pequeno frecuenta a ladeira do polígono 5 e as paraxes catrastais colindantes da Chousa, Valdasmo e Poenxo do polígono 12, así como a paraxe da Barbaña do polígono 3, na parte baixa; dando a impresión de que é moi abundante debido a que os seus berros escóitanse por riba dos de outras aves, sobre todo á tardiña, cando se reúnen para durmir nun piñeiro determinado. En realidade, o seu número está comprendido entre os 8 e 12 individuos.

Os datos biométricos dunha femia exposta no museo de Ridimoas no IES O Ribeiro, son: peso, 390g; longo total, 46 cm, dos que 5 corresponden ó peteiro; e envergadura de 91,5 cm. Os machos son máis corpulentos cás femias, tal e como se documenta na bibliografía aportada por Felipe Bárcena e por rexistros biométricos obtidos das aves migratorias a través do estreito de Xibraltar, por onde este córvido pasa ocasionalmente a África, con pesos medios para as femias de 500g e 550g para os machos. Estes datos reforzan as nosas suposicións ao respeto, confirmadas polas imaxes obtidas a través da cámara de fototrampa instalada en Ridimoas, xa que nos manuais de Galicia consultados, non se indica  un tamaño distinto para femias e machos.

 

Foto: cámara trampa.

 

 

bottom of page