top of page

Cobra de auga (Natrix maura)

Coñecida tamén por cobra viperina, debido á postura que adopta fronte o perigo, xunto co deseño dorsal dalgúns individuos moi parecido ó dunha víbora; esta inofensiva cobriña catalogada de interese especial que normalmente non acada os 90 cm de longo, é relativamente frecuente en Ridimoas, sobre todo no regato da Barbaña.

Como escena curiosa, o 9 de Xullo de 1989 presenciamos no regato da Barbaña, no estanque formado pola fervenza da presa do muíño, como unha cobra de auga, moi grande, trababa pola aleta caudal a unha troita duns 25 cm de longura; e cómo inmediatamente a troita empezaba a saltar por enriba da auga tratando de soltarse. Pero a cobra logrou agarrarse, cunha precisa contorsión, ós xuncos da ribeira e foi arrastrando á troita fora da auga, onde lle resultou máis fácil dominala cos aneis do corpo e colocala na posición axeitada para poder engulila.

 

Fotos: Cervinho.

 

bottom of page